Friday 03 de May de 2024

Félix Arias actuará o venres na Fábrica, na presentación do libro de Olga Lucas


O cantautor Félix Arias actuará na presentación do libro de Olga Lucas, Tras el telón de acero (las hijas del exilio). O acto está programado para este venres ás 20:30 horas na Fábrica e tamén contará coa participación da profesora de Historia Ángeles García Portela.

Félix Arias é un músico e compositor cunha longa traxectoria artística en solitario. Tamén compón xunto coa cantautora Silvia Penide o dúo Canciones Ajenas, con Xoel López forma dúo no proxecto Lovely Luna e foi guitarrista na súa xira Atlántico, é integrante do grupo Guru Deva, está na banda de cantautores Cincoparedes,… Paralelamente, desde o grupo Los Plutones ensina o legado dos Beatles e dos grandes do rock universal ao público infantil.